Nova área de servicios

O pasado día 7 de febreiro asistimos á inauguración dunha nova área de servicio para autocaravanas en Comillas (Cantabria) promovida pola Plataforma de Autocaravanas Autónoma (P.A.C.A.) e o Concello daquela Vila.

Xuntámonos alí cento cincoenta autocaravanas que abarrotamos o aparcamento da área tendo que desviar algunhas delas ao aparcamento do paseo da praia.

A xuntanza iniciouse cunha previa concentración en San Vicente de la Barquera de xeito que nos achegáramos ata Comillas en pequenos grupos para non ateigar o tránsito da estrada nin as rúas da pequena vila.

Unha vez instalados, a xente adicouse a visitar algúns dos lugares de interese turístico desta bonita e ben coidada vila: O Pazo de Sobrellano, a Universidade Pontificia, o chamado "Capricho de Gaudí", o Monumento ao Marqués de Comillas, etc. e, por suposto, tascas, bares e cafeterías, xa que o tempo, aínda que non malo, viña fresco.

Foto

O único acto oficial limitouse a unha pequena recepción na nova Oficina de Turismo da vila e sen máis.

A nova área de servicios, situada na mesma vila, é o propio aparcamento dunha zona deportiva bastante ampla e que conta con fonte de auga e sumidoiro para vertido de augas sucias, aínda que este último bastante mal situado.

Xa logo, o domingo, cada quen iniciou o seu retorno esperando volver a reunirnos nunha das próximas postas en servicio das áreas de Compostela ou de Astorga.

Logo PACA

DE INTERESE:

V.V.A. Correduría de Seguros de Xixón ofrécenos a posibilidade de contratar pólizas de seguros para autocaravanas a prezos moi axeitados. Tratar con Patricia Patallo, 985 171 183.

CURIOSIDADES:

O noso compañeiro Adolfo Martínes ten a honra de ser o mellor cazador do noso Clube despois de abatir un tremendo xabarin no seu "couto" particular da A-52 ao seu paso por Ribadavia. O premio o recollerá o seu chapista.

INTERNET:

Se visitas no Internet o portal eurocamping.com e de seu "Le Monde du Camping-Car" podes atopar algunhas informacións axeitadas para as túas próximas vacacións.