Nova área para autocaravanas en Astorga

Area de Servico

Xa está disponible unha nova área de estacionamento e servício para autocaravanas en Astorga (León), coma sempre dispón de auga potable e sumidoiro de augas grises e negras nunha plataforma ben axeitada para calquer tipo de desaugadoiro que teña o vehículo; lateral ou central.

O espacio de aparcamento é moi amplo pois é o mesmo co da praza de touros, e a distancia ao centro de Astorga é de cinco minutos de paseo por unha ampla avenida. Pódese estacionar durante 48 horas e dispón de helioporto, polideportivo, tanatorio e a consabida praza de touros.

Foto

Achégase moi ben a ela dende a A-6 saída 324, cara ao centro de Astorga.

DE INTERESE:

Hai compañeiros que andan a buscar un lugar onde guardar a súa autocaravana, outros precisan dun lugar máis espacioso porque queren cambiar a un modelo maior, e hai compañeiros que dispoñen de caravana e pensan mercar unha "auto". Se sabedes de algo que poida valer, non deixedes de comunicalo ao clube.

CURIOSIDADES:

Se queredes visitar Celanova e o seu mosteiro de San Salvador, podedes aparcar nun aparcadoiro amplo xusto por detras do mosteiro, ao lado hai un parque con fonte.

Foto

A dous quilómetros está Vilanova dos Infantes, non deixedes de visitar o seu Centro Comarcal situado na torre do castelo, tedes fácil o aparcamento na entrada da vila.

E para descansar tedes unha estupenda area recreativa non moi lonxe na estrada de Celanova a Xinzo, xunto ao río Ourille.

INTERNET:

Para facer novas rutas por lugares interesantes podes consultar: www.comarcasdegalicia.com